O goberno local inicia a contratación do Parque de Navia cun orzamento superior ao millón de euros

O alcalde informou este martes do reforzo do cadro de persoal dos Bombeiros e da Policía Local durante as festas de Nadal para atender as posibles necesidades cidadás.
Por o 26/12/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno local inicia a contratación do Parque de Navia cun orzamento superior ao millón de euros
Compartir en:

A Xunta de Goberno Local dará luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de construción do parque infantil, pista deportiva e da zona de descanso de Navia que teñen un importe de 1.100.000 euros. Unha cantidade que, segundo expuxo o rexedor, procede do superávit do Concello e que se suma á inversión que se realizará nos outros cinco macroparques infantís xa contratados ou licitados para a cidade.

No caso de Navia, crearase unha grande área de xogo infantil, dividida en dous espazos diferenciados para maiores e menores de 6 anos, con máis de medio centenar de xogos, unha megapirámide dobre con capacidade para 125 nenas e nenos e outros elementos que “serán unha marabilla”, en opinión do alcalde.

Abel Caballero deu conta tamén este martes do reforzo do cadro de persoal de Bombeiros e da Policía Local para os servizos de Noiteboa e Fin de Ano. Así, no caso dos bombeiros subiuse de 20 a 24 efectivos o pasado domingo, que traballaron nunha noite tranquila, con tres saídas, nos dous parques, unha delas motivada por un problema nun ascensor que non revestiu ningunha gravidade.

No caso da Policía Local, os efectivos ascenderon a 32 persoas na quenda de Noiteboa, que serán tamén as encargadas de atender o servizo en Fin de Ano para “realizar a súa acción” e función de velar pola seguridade cidadá.