O goberno local programa esta fin de semana música de rondallas na cidade

O alcalde deu conta desta actividade enmarcada na programación municipal de Nadal durante unha visita ao Colexio Nuestra Señora de la Esperanza, onde tamén deu conta do comezo dos recitais de panxoliñas
Publicado por o día 12/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Galicia,Vigo

O goberno local programa esta fin de semana música de rondallas na cidade

O alcalde deu conta desta actividade enmarcada na programación municipal de Nadal durante unha visita ao Colexio Nuestra Señora de la Esperanza, onde tamén deu conta do comezo dos recitais de panxoliñas.

Abel Caballero adiantou hoxe martes a celebración de desfiles de rondallas esta fin de semana e a próxima en diferentes zonas da cidade, dentro da programación de Nadal do Concello.

Este sábado 16 a música das rondallas soará na Porta do Sol, en Travesas, no Calvario, Pi y Margall e Rosalía e o domingo 17 en Navia e no Calvario. O venres 22 as rondallas desfilarán por Navia, Travesas, Calvario e Teis e o sábado 23 polo Náutico, as Travesas, o Calvario e Lavadores.

Ademais, o rexedor informou do comezo dos concertos de panxoliñas nos centros asistenciais e da celebración este venres 15 de decembro dun concerto de panxoliñas no Auditorio Municipal ás 20:30 horas.

Caballero visitou esta mañá o Colexio Nuestra Señora de la Esperanza onde o alumnado e profesorado lle amosou o traballo que desenvolven ao longo do ano.