O goberno local programa nove rutas de educación ambiental entre abril e xuño

Abel Caballero informou da aprobación este xoves deste proxecto de actividades de sensibilización e educación medioambiental, que terá lugar entre abril e xuño deste ano como parte do programa “Camiño a Camiño”. O Concello de Vigo organizará percorridos por Vigo e comarca e tamén desprazamentos a outros puntos de Galicia.
Publicado por o día 22/02/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local programa nove rutas de educación ambiental entre abril e xuño

En rolda de prensa, o alcalde avanzou as liñas básicas deste proxecto, que programa nove rutas medioambientais para un total de 2.200 participantes, entre os meses de abril e xuño.

As actividades van dirixidas ao coñecemento do entorno medioambiental, tanto en Vigo e a súa área metropolitana como en puntos singulares de Galicia. O Concello adica ao respecto 37.000 euros, para a “promoción e desenvolvemento da cultura medioambiental”, segundo valorou Abel Caballero.

Outro dos asuntos abordados na Xunta de Goberno foi tramitación do expediente para o control arqueolóxico previo aos traballos de renovación da rede de saneamento de Jacinto Benavente, na que non se actuaba desde hai 50 anos. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, o tramo inicial da rúa transcorre polo ámbito de protección do xacemento Picacho San Francisco e o resto, polo xacemento de Marqués de Valterra.

Na súa intervención, o alcalde aludiu tamén ao mallado da rede de abastecemento que se está a realizar na rúa Pilar para conectar as tubaxes coas da rúa Venezuela que tamén se están a substituír. O rexedor resaltou que esta zona, unha das máis densamentepoboadas da cidade, nunha se fixeron obras nas redes. Posteriormente, puntualizou, tamén se realizará a humanización da devandita rúa Pilar.

Vigosónico

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde á prórroga da xestión do centro de usos múltiples Vigosónico, cun orzamento de 87.000 euros. Deste xeito, o contrato de apoio á mocidade estará vixente ata o mes de marzo de 2019.