O goberno local solicita a cesión do edificio do centro de saúde de Teis para transformalo nun centro social

O Concello prevé transformar o antigo centro de saúde de Teis nun espazo público de uso social e cultural para o que vén de solicitar á Tesourería da Seguridade Social a súa cesión gratuíta. O rexedor argumentou en rolda de prensa que o inmoble leva moitos anos en desuso
Publicado por o día 20/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local solicita a cesión do edificio do centro de saúde de Teis para transformalo nun centro social

O Concello prevé transformar o antigo centro de saúde de Teis nun espazo público de uso social e cultural para o que vén de solicitar á Tesourería da Seguridade Social a súa cesión gratuíta. O rexedor argumentou en rolda de prensa que o inmoble leva moitos anos en desuso.

O alcalde avanzou esta mañá que o goberno local solicitou á Tesourería da Seguridade Social a cesión gratuíta do edificio que albergou o centro de saúde de Teis para convertelo nun espazo público. Situado no número 14 da rúa Enrique Lorenzo -nunha rúa tamén humanizada polo Concello-, o edifico leva moitos anos deshabitado polo que o rexedor confía en que o goberno central acceda á cesión para que o Concello poida reformar e adaptar o inmoble para darlle un uso socio-cultural. 

Deste xeito, esta infraestrutura sumaríase á dotación cultural prevista en Navia, á biblioteca Neira Vilas -en Martínez Garrido-, á Biblioteca Central e á sala de lectura do Mar de Vigo. Esta rede de espazos públicos da mostra, dixo, da inmensa acción cultural que se está a desenvolver na cidade.