O goberno municipal achega 70.000 euros para fomentar o deporte base co programa Siareiros

Publicado por o día 05/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O goberno municipal achega 70.000 euros para fomentar o deporte base co programa Siareiros

A temporada 2016/2017 do programa de apoio ao deporte base e aos clubs da cidade comeza este mércores baixo o lema “Somos [email protected], Somos deporte” co obxectivo de contribuír a converter o deporte e os seus valores nun dos cimentos da sociedade viguesa.

Abel Caballero deu conta este mércores do inicio da nova temporada de Siareiros 2016/2017, o programa municipal de apoio aos clubs deportivos da cidade, que ten como principal obxectivo incrementar o número de socios de todas as entidades deportivas para que poidan consolidar a súa traxectoria.

Segundo explicou o rexedor, o Concello achega 70.000 euros a este programa “único en toda España” para alentar o deporte base vigués co fin de crear unha sociedade cimentada nos valores deportivos da competencia, competitividade, solidariedade, saúde e equipo e apuntou que o apoio ao deporte “é un dos grandes obxectivos deste mandato na cidade”.