O goberno municipal acorda “cooperación” co novo proxecto da Asociación de Veciños do Calvario

Publicado por o día 07/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno municipal acorda “cooperación” co novo proxecto da Asociación de Veciños do Calvario

O alcalde recibiu este xoves a membros da nova xunta directiva da Asociación Veciñal a quen lles amosou o compromiso do Concello co seu labor. “Ofrecinlles toda a cooperación porque O Calvario é unha zona importante e queremos ter o máximo de presenza e acción”.

Nese sentido, indicou que tentarán impulsar o proxecto da entidade de maneira que o proceso de renovación non afecte á organización de eventos como a festa da alegría que facían cada ano.