O goberno municipal aposta pola continuidade do Consorcio Casco Vello

“Como é natural e como demandábamos”, así explicou o alcalde o posicionamento do goberno municipal no consello de administración do Consorcio celebrado este xoves, apostando pola extensión do “gran traballo” que está facendo.
Por o 08/06/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
O goberno municipal aposta pola continuidade do Consorcio Casco Vello

Abel Caballero deu conta este xoves do acordo de continuidade do Consorcio do Casco Vello de Vigo adoptado no consello da entidade que, ao seu entender, está facendo un “gran traballo en todo o Casco Vello e demandábamos que seguira”.

Con todo, salientou que “o maior investimento neto no Casco Vello fíxoo o Concello de longo” e segue a facelo coa tramitación, por exemplo, da declaración de festa de interese turístico nacional da Reconquista “para seguir potenciándoa”.

O alcalde puxo en valor, ademais, a inversión inicial en capital no Consorcio, unha decisión do goberno de Emilio Pérez Touriño que foi quen o “capitalizou” de maneira que agora pode “mercar, rehabilitar e vender”, que é a súa forma de funcionamento coñecida. Da mesma maneira, criticou as “trabas que tentou poñer o Partido Popular” sementando dúbidas da súa continuación “que non entendo que pretendía”.