O alcalde informou este venres da autorización á cesión temporal dunha vivenda municipal de prestación social destinada ao acollemento temporal de mulleres vítimas de violencia de xénero que empregará unha muller e o seu fillo por un período de seis meses. Durante o tempo que permanezan nesta casa recibirán tamén apoio profesional educativo para o nenos e do tipo que sexa preciso para a nai.
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ao convenio de colaboración entre o Concello e a Corporación Hijos de Rivera que achega 100.000 euros para o desenvolvemento do programa Vigo en Festas 2017, algo que valorou o rexedor porque a empresa “amosa unha enorme capacidade de colaboración na cidade con diferentes institucións” e tamén co goberno municipal.
Ademais, quedaron aprobadas as bases reguladoras e a convocatoria para convenios de colaboración empresarial con entidades privadas para actividades socioculturais e de interese xeral organizadas polo Concello no Samaín, no Nadal, na Cabalgata de Reis, no Entroido e nas festas de verán. Segundo explicou Abel Caballero, este programa permite “abrir unha vía nova para as entidades que queiran colaborar para implementar a acción público-privada, tal e como facemos en VIDE” no ámbito deportivo. Con todo, malia as colaboracións, apuntou que o 98% das actividades festivas e 96% das deportivas son subvencionadas polo goberno local como organizador.
Noticias de última hora en Vigo
Una respuesta para "O goberno municipal cede unha vivenda para unha vítima de violencia de xénero e o seu fillo"