O goberno municipal coopera na posta en marcha do duodécimo Certame de Teatro Afeccionado

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza o duodécimo Certame de Teatro Afeccionado, coa colaboración do Concello. Ao longo do mes de novembro sucederanse actuacións de cinco compañías en outros tantos auditorios de diferentes parroquias da cidade.
Publicado por o día 03/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Vigo

O goberno municipal coopera na posta en marcha do duodécimo Certame de Teatro Afeccionado

A duodécima edición do Certame de Teatro afeccionado permitirá a cinco grupos de teatro afeccionado actuar en distintas parroquias da cidade. Concretamente, terá lugar os días 5, 6, 13, 20 e 27 deste mes nos auditorios de Valladares, Cabral, Bembrive, Matamá e Beade, respectivamente.

Na rolda de prensa, Caballero felicitou aos organizadores desta iniciativa, especialmente, a Roberto Giráldez, tamén presente no acto como representante de todos os participantes.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo asina, desde hai anos, un convenio de colaboración co Concello por valor de 13.500 euros. Este acordo, denominado Vente con nós, ten unha parte de actuacións de folclore, actuacións que se van celebrando ao longo do ano en distintos puntos da cidade e unha parte de teatro que este ano conta coa participación dos seguintes grupos: Rueiro, do Centro Cultural Rueiro de Coia; Porta Aberta, de la Asociación cultural de antigos alumnos da Escola de Idiomas de Vigo; Atlántida da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá, Tarantela do Centro Social Cultural e Recreativo de Beade e máis Estoitade del Centro Cultural de Valladares.