O goberno municipal dedica 110.000 euros a programas de Benestar Social

Abel Caballero explicou que se dedican programas como o servizo de transporte do programas de maiores, o de respiro familiar ou obras de reparación no Albergue. O Concello financia con 7.000 euros a organización da Festa do Mexilón e presta cinco pezas do Quiñones de León ao Museo Nacional de Arqueoloxía
Por o 31/08/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno municipal dedica 110.000 euros a programas de Benestar Social
Compartir en:

Abel Caballero explicou que se dedican programas como o servizo de transporte do programas de maiores, o de respiro familiar ou obras de reparación no Albergue. O Concello financia con 7.000 euros a organización da Festa do Mexilón e presta cinco pezas do Quiñones de León ao Museo Nacional de Arqueoloxía.

A Xunta de Goberno Local deu conta da relación de contratos menores tramitados no Servizo de Benestar Social durante os últimos catro meses que suman un importe de 110.000 euros. O alcalde explicou que se destinarán a financiar obras de mantemento e reparacións no Albergue, ao servizo de transporte de programas de maiores, a actividades de inserción de persoas con discapacidade física, ao programa de respiro familiar “Verán no lecer”, ao transporte de usuarios da iniciativa “Divírtete no verán” e ao dispositivo de accesibilidade ao baño.

Ademais, quedou aprobado o convenio de colaboración coa Federación de Peñas recreativas El Olivo para a organización da Festa do Mexilón 2017 por un importe de 7.000 euros.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén este xoves ao préstamo das pezas arqueolóxicas que compoñen o Enxoval da Cista de Atios ao Museo Nacional de Arqueoloxía para a exposición “El poder del pasado. 150 años de Arqueología en España”. O Enxoval da Cista de Atios, datado na Idade de Bronce (1.800 a. C), é un conxunto de roupas con cofres e pezas valiosas que conforma un grande activo arqueolóxico, segundo apuntou o rexedor. O Concello presta cinco pezas do Museo Quiñones de León que estarán expostas desde o 2 de outubro de 2017 ao 1 de abril de 2018.