Goberno de Nigrán leva a pleno moción para solicitar a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia

"Non é necesario que vaia a pleno, pero trátase dunha cuestión de gran magnitude que desexamos sexa asumida por toda a corporación, non só polo goberno", sinala o alcalde, Juan González.
Publicado por o día 24/10/2017 na sección de Galicia,Nigrán

O goberno de Nigrán levará ao vindeiro Pleno do xoves 26 de outubro unha moción para solicitar do Consello de Ministros a declaración do municipio como zona afectada gravemente polos incendios orixinados o 15 de outubro e a petición de axudas adicionais. Esta é a figura que tódolos técnicos municipais dos concellos prexudicados consideran como a máis xeitada para estes casos e a que en Nigrán se contempla.

“Non é necesario que vaia a Pleno, pero trátase dunha cuestión de gran magnitude que desexamos sexa asumida por toda a corporación, non só polo goberno”, sinala o alcalde, Juan González. Ademais, a moción inclúe unha solicitude á Xunta de Galicia para que aplique as axudas previstas e, finalmente, que se faculte á alcaldía para levar a cabo cantas actuacións sexan necesarias para levar o proposto ao seu debido efecto.

A declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil ten que ser aprobada polo Consello de Ministros a proposta dos ministros de Hacienda y Administraciones Públicas e Interior e, no seu caso, dos demáis ministerios concernidos. En todo caso, incluirá unha delimitación da área afectada e se valorará os danos persoais ou materiais. A propia lei contempla a solicite a administración pública interesada, neste caso directamente o Concello de Nigrán.