O goberno de Ponteareas leva o abastecemento de auga municipal a Moreira

O Concello de Ponteareas da un paso máis no compromiso adquirido coa veciñanza de priorizar os servizos básicos e amplía a rede de abastecemento beneficiando a vinte fogares máis que nunca tiveran conexión municipal de abastecemento de auga potable.
Publicado por o día 24/01/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

O goberno de Ponteareas leva o abastecemento de auga municipal a Moreira

O Concello de Ponteareas da un paso máis no compromiso adquirido coa veciñanza de priorizar os servizos básicos e amplía a rede de abastecemento beneficiando a vinte fogares máis que nunca tiveran conexión municipal de abastecemento de auga potable.

Nesta ocasión as vivendas da Ribeira do río Tea comprendidas no tramo entre Urcela e Chan de Espiño, en Moreira, terán por vez primeira abastecemento de agua que conta cun orzamento de 57.477,64€ financiados polo Plan Concellos.

Nas vindeiras semanas o goberno de Ponteareas agarda ter resposta positiva da Xunta de Galicia á que solicitaron de xeito urxente o compromiso e colaboración na ampliación da rede de abastecemento tal e como se trasladou a Augas de Galicia nos distintos encontros mantidos.

Ao ser unha obra de grande magnitude e primeira necesidade o goberno de Ponteareas busca a implicación da Xunta de Galicia para dar solución a un problema que se víu agravado coa seca deste verán e cos incendios do mes de outubro.

O Alcalde de Ponteareas adianta que seguirá a invertir os escorzos precisos para garantir o subministro de auga potable todos os veciños e veciñas.