O goberno de Vigo achega 56.000 euros a tres clubs deportivos de elite e de base

Abel Caballero rubricou este venres os convenios de apoio ao Atlántida de Matamá, cunha subvención de 20.000 euros, e ao Celta de Atletismo e ao Atletismo Feminino Celta, con 18.000 euros cada un. Recordou o alcalde que o orzamento do Concello deste ano adica 1.852.000 euros a potenciar o deporte vigués de elite e de base.
Publicado por o día 23/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo achega 56.000 euros a tres clubs deportivos de elite e de base

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou esta mañá tres acordos de colaboración con outras tantas entidades deportivas para apoiar a súa actividade de elite e de base cun total de 56.000 euros. O Concello reserva nas súas contas deste ano 1.852.000 euros para o fomento do deporte de base e de elite na cidade.

A Sociedade Cultural e Deportiva Atlántica de Matamá, que recibe 20.000 euros do Concello, conta cun equipo en categoría Segunda División Nacional feminina e ademais desenvolve un programa de promoción de deporte de base na cidade.

O Real Club Celta de Atletismo -con 18.000 euros de apoio municipal- ten un equipo de elite na categoría masculina de Primeira División Nacional, mentres que o Club Atletismo Feminino Celta -con outros 18.000 euros- está na Primeira División Nacional Feminina. Ambos levan adiante un proxecto de dinamización e fomento do deporte de base.