O goberno de Vigo adica un millón de euros a xerar 200 empregos en entidades sen ánimo de lucro

Segundo informou este martes o alcalde, o goberno vigués aprobou o plan de emprego en apoio a entidades sen ánimo de lucro, un millón de euros en total para empregar a 200 profesionais en ata 63 organizacións beneficiarias
Por o 04/07/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno de Vigo adica un millón de euros a xerar 200 empregos en entidades sen ánimo de lucro

Segundo informou este martes o alcalde, o goberno vigués aprobou o plan de emprego en apoio a entidades sen ánimo de lucro, un millón de euros en total para empregar a 200 profesionais en ata 63 organizacións beneficiarias. 

O goberno vigués acordou este martes adicar un millón de euros a 63 entidades sen ánimo de lucro para a xeración de 200 postos de traballo nestas organizacións.

Así o informou este martes o alcalde de Vigo en rolda de prensa, onde detallou que 12 das beneficiarias pertencen a entidades veciñais e culturais, 27 son sociais e asistenciais, unha organización sindical, 13 empresariais, 9 deportivas e a Mancomunidade de Montes.

O Concello destina un millón de euros á xerar 200 postos de traballo cualificado para cooperar coas entidades sen ánimo de lucro, “por exemplo, limpando os montes”, citou Caballero, ou apoiando ás organizacións sociais ou ao comercio vigués.

En segundo lugar, a Xunta de Goberno Local validou a contratación das obras do proxecto de humanización da rúa García Lorca, no entorno das Travesas. Caballero avanzou que o orzamento chega aos case millón e medio de euros. O goberno vigués aprobou hoxe a contratación por procedemento aberto e os pregos de cláusulas que rixen o contrato.

Noticias de última hora en Vigo