O Goberno de Vigo celebra a Semana da Mobilidade con actividades divulgativas sobre a condución

Un dos atractivos é a presenza na cidade, por primeira ver en Galicia, dun simulador de accidentes, ao que esta mañá se subiu o alcalde na Porta do Sol. Amais, o venres e o sábado serán gratuítas as liñas U1, U2, N1 e N2 de VITRASA.
Publicado por o día 18/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Medio Ambiente,Vigo

O Goberno de Vigo celebra a Semana da Mobilidade con actividades divulgativas sobre a condución

A programación municipal para conmemorar a Semana Europea da Mobilidade comprende un programa de actividades que comezaron xa esta fin de semana e que se estenden ata o venres 22 de setembro, baixo o lema “Compartir lévate máis lonxe”.

Abel Caballero visitou hoxe luns unha das actividades previstas, un simulador de accidentes que está por primeira vez en Galicia e que pode probarse na Porta do Sol. Amais ao longo desta xornada está aberta unha exposición divulgativa na Porta do Sol coa oferta ao público de realizar un curso de condución eficiente e preventiva. Charlas, cursos, exposición de vehículos eléctricos na Praza do Rei e proxeccións conforman o programa desta Semana.

Outra das accións previstas para celebrar esta semana afecta ao transporte público urbano coa gratuidade dalgunhas liñas. Así, este sábado 23 e o domingo 24 o autobús turístico será de balde para os vigueses que queiran empregalo para percorrer a cidade e, ademais, serán gratuítas as liñas de VITRASA, U1 e U2, as lanzadeiras á Universidade ao igual que as liñas nocturnas N1 e N2 nas noites do venres e o sábado.