O goberno de Vigo contrata por 1,9 millóns a limpeza das instalacións deportivas municipais

Abel Caballero informou este venres da aprobación dos pregos e licitación deste servizo por 1.890.000 euros. O Concello contrata así por catro anos a limpeza de case unha veintena de espazos deportivos municipais, a razón de preto de 20.000 horas ao ano.
Publicado por o día 16/02/2018 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo contrata por 1,9 millóns a limpeza das instalacións deportivas municipais

O alcalde informou este venres da contratación do servizo de limpeza das áreas deportivas municipais, un servizo que o Concello licita por catro anos -máis dúas prórrogas dun ano cada unha- cun importe total de 1.890.000 euros.

Segundo detallou Caballero, o goberno de Vigo contrata preto de 20.000 horas de limpeza anuais en case que unha veintena de espazos deportivos municipais: os complexos deportivos de Travesas, Balaídos, Navia, Samil, Berbés e da ETEA, os pavillóns de Coia, Bouzas, Teis, Candeán, Carballal, Lavadores, Bembrive, Castrelos, Coruxo e Sárdoma, e o estadio de atletismo.

Zondal
O rexedor tamén deu conta da demanda de participación do Concello no Plan de Mellora de Camiños Municipais da Xunta de Galicia e da aprobación do proxecto de mellora da Estrada do Zondal, en Valladares. O goberno vigués valora a remodelación do vial en 155.000 euros, unha cantidade “moi menor” que se solicita no marco do nomeado plan autonómico.