Goberno de Vigo contrata a xestión dos campamentos de verán e ofrece dous cursos máis na Escola Municipal de Teatro

Caballero informou da clasificación de ofertas -antiga clasificación provisional- para a xestión dos campamentos de verán deste ano. O Concello ofrece máis de 25.000 prazas de campamentos e actividades de ocio e deportivas, ás que engade ademais dous cursos a impartir na Escola Municipal de Teatro.
Publicado por o día 27/05/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Goberno de Vigo contrata a xestión dos campamentos de verán e ofrece dous cursos máis na Escola Municipal de Teatro

A Xunta de Goberno Local validou a clasificación de ofertas para a prestación dos campamentos de verán do Concello de Vigo. Abel Caballero recordou que este ano se ofertan máis de 25.000 prazas de campamentos e actividades de ocio e deportivas, por importe de 213.000 euros.

A este respecto, o alcalde subliñou que o goberno vigués subvenciona case o 70% do custo de cada praza dispoñible nas propostas municipais infantís e xuvenís para os meses estivais. O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 31 de maio.

Caballero engadiu que a oferta municipal de verán se amplía con dous cursos a impartir na Escola Municipal de Teatro, sita na Avenida de Castelao, e cuxo prazo de inscripción se abre desde este luns, 29 de maio, nas instalacións da EMT.

“Teatro en Inglés” vai dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos e terá lugar entre os días 3 e 19 de xullo, de 10 a 13 horas. Os participantes practicarán inglés a través do xogo dramático. O segundo dos obradoiros, explicou Caballero, leva o nome de “Teatro dos Sentidos” e vai dirixido a maiores de 15 anos, co obxectivo de aplicar á linguaxe sensorial ás propostas escénicas. Se celebrará do 10 ao 14 de xullo, en horario de tarde, de 17 a 21 horas.

Outros acordos
O alcalde trasladou ademáis a aprobación de dous convenios de 18.000 euros cada un para apoiar ao Club Atletismo Feminino Celta e ao masculino Real Club Celta de Atletismo. O goberno local adica dous millóns de euros este ano aos clubs de elite e de base da cidade.

Por último, o goberno vigués aprobou o convenio coa Asociación Cultural Reencanto Produccións, un acordo polo que cal o Concello achega 3.000 euros á entidade para apoialos na edición deste ano do Festival Primavera do Cine, que tivo lugar entre os días 5 e 14 de maio na cidade. Caballero anotou que a administración local tamén cooperou coa organización na cesión de espazos públicos.

Redomeira
Na Xerencia de Urbanismo decidiuse iniciar o expediente expropiatorio para obter unha parcela na rúa Redomeira número 3, na esquina coa rúa Aragón. Caballero explicou que a edificación está en ruina e o Concello chegou a un acordo coa propiedade. O obxectivo é destinar esta propiedade a vial, para mellorar a intersección entre Redomeira e a propia rúa Aragón.