O goberno de Vigo da o visto bo ao texto de ADIF para a cesión dos terreos da futura vía verde

Unha vez recibido este venres o borrador, Abel Caballero avanzou o visto bo municipal ao convenio con ADIF para poder converter a antiga vía do tren desde Redondela nunha vía verde. O alcalde recoñeceu a “dilixencia” de ADIF e do Ministerio de Fomento neste asunto: “as cousas, cando se fan, hai que recoñecelas”
Publicado por o día 19/01/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo da o visto bo ao texto de ADIF para a cesión dos terreos da futura vía verde

O Concello está a revisar o texto remitido por ADIF, que contempla unha parte urbana, explicou Caballero, cun aluguer simbólico próximo aos tres mil euros anuais que “aceptamos inmediatamente”.

“Hoxe mesmo” o goberno de Vigo concede o “visto bo” ao documento para que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias poida levalo ao seu Consello de Administración deste mes. Abel Caballero estimou que o Concello podería ter a finais de xaneiro os terreos da antiga vía do tren para a súa conversión en senda verde, un deseño no que xa traballa.

O alcalde quixo recoñecer a “dilixencia” de ADIF e do seu presidente, Juan Bravo, e do Ministerio de Fomento: “as cousas, cando se fan, hai que recoñecelas”.