O Goberno de Vigo deu luz verde á clasificación de ofertas para contratar as obras de reforma do Pavillón Monte da Mina

Por o 23/08/2017 | Sección: Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo
O Goberno de Vigo deu luz verde á clasificación de ofertas para contratar as obras de reforma do Pavillón Monte da Mina
Compartir en:

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á clasificación de ofertas para contratar as obras de reforma da estrutura e do pavimento do pavillón de Monte da Mina, en Castrelos. Abel Caballero explicou que investirá 260.000 euros na remodelación deste recinto polideportivo e que a duración dos traballos será de catro meses aproximadamente.

Segundo explicou Caballero, este recinto vese afectado polo deslizamento de terras, o que produciu gretas na pista e modificacións “lixeiras” na estrutura do pavillón “que hai que corrixir”. O Concello proxecta reconstruír a fachada afectada e renovar o pavimento deportivo, ademais de mellorar a recollida de augas, o aspecto exterior do edificio, entre outras melloras.