O alcalde, Abel Caballero, deu conta este xoves da aprobación na Xunta de Goberno Local do contrato de comodato do legado pictórico de Manuel Colmeiro a favor do Concello de Vigo, un acordo seguno o cal os herdeiros do pintor ceden gratuitamente, e durante dez anos, o uso de 21 óleos e 145 obras sobre papel (32 correspondentes á serie “Horrores da Guerra” e o resto, a diferentes temáticas).
Caballero definiu a Colmeiro como un pintor “excepcional”, parte da “gran revolución da pintura de España na segunda metade do século XX”, e valorou o acordo cos herdeiros polo “incremento da capacidade cultural e expositiva” que supón na cidade, un “patrimonio cultural de Galicia de primeira magnitude”.
A obra do artista, alomenos os seus óleos, asegurou o alclade, estará exposta de forma permanente e exclusiva na Pinacoteca municipal Francisco Fernández del Riego. En virtude do acordo suscrito, o Concello de Vigo se fai cargo dos gastos de traslado das obras, dos seguros, da súa conservación, exposición e custodia.
Unha vez concluidos os dez anos de cesión, herdeiros e Concello teñen un “preacordo” para que “esto se converta en definitivo”, apuntou Caballero, quen agradeceu a “xenerosidade” da familia Colmeiro, “inmensamente apreciable”.
O Concello de Vigo, engadiu Abel Caballero, celebrará actividades de divulgación relacionadas co artista e a súa obra. Ao efecto, o goberno vigués adicará entre 30.000 e 50.000 euros. Ademais, a Fundación Colmeiro recibirá do goberno local entre 10.000 e 20.000 euros para os mesmos fins, segundo asegurou o alcalde.
Noticias de última hora en Vigo