O goberno de Vigo formou en defensa persoal a case 200 mulleres vítimas de violencia de xénero

O alcalde entregou este luns os diplomas da √ļltima edici√≥n destes cursos de defensa persoal que imparte a EVAP, unidade espec√≠fica da Polic√≠a Local, co fin de que adquiran “adestramento e autoestima”.
Publicado por o d√≠a 12/12/2016 na sección de Concello de Vigo,Formaci√≥n,Vigo

O goberno de Vigo formou en defensa persoal a case 200 mulleres vítimas de violencia de xénero

Unha vintena de mulleres recibiu este luns de mans do rexedor o diploma que acredita a s√ļa formaci√≥n en defensa persoal por ter participado nos cursos orientados √°s v√≠timas de violencia de x√©nero que imparte o Concello a trav√©s da EVAP, Equipo de Vixilancia e Apoio √°s V√≠timas, da Polic√≠a Local.

Segundo explicou Abel Caballero os cursos desenv√≥lvense cada ano, mesmo con d√ļas edici√≥ns anuais, para que as mulleres que sofren a violencia machista adquiran “adestramento e melloren a s√ļa autoestima”. Ao longo do programa xa recibiron a aprendizaxe preto de 200 mulleres viguesas.

A EVAP conta cunha unidade espec√≠fica para a protecci√≥n das mulleres v√≠timas da violencia machista que o ano pasado controlou 274 ordes de afastamento. Cada muller ten un axente asignado que est√° dispo√Īible as 24 horas do d√≠a para o que poida precisar.