O goberno de Vigo recomenda consumo responsable de auga e optimizará o uso público

Caballero explicou que os encoros de Zamáns e Eiras se atopan ao 75% da súa capacidade, o que garante o abastecemento da poboación ata decembro. Con todo, o alcalde recomendou á cidadanía un consumo responsable e anunciou o corte de auga en fontes de uso continuo e a optimización dos baldeos
Publicado por o día 24/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo recomenda consumo responsable de auga e optimizará o uso público

Caballero explicou que os encoros de Zamáns e Eiras se atopan ao 75% da súa capacidade, o que garante o abastecemento da poboación ata decembro. Con todo, o alcalde recomendou á cidadanía un consumo responsable e anunciou o corte de auga en fontes de uso continuo e a optimización dos baldeos. 

Abel Caballero cifrou no 75% a capacidade actual dos encoros vigueses de Zamáns e Eiras, co que “temos auga suficiente para abastecer á cidade sen problemas ata o mes de decembro”, mais o alcalde apuntou que “seguimos recomendando, exactamente igual que sempre, consumo responsable” á cidadanía.

A este respecto, o rexedor avanzou que se apagarán aquelas fontes de circuito continuo, non así as de circuito pechado, e que se controlarán os baldeos, sen sumprimlos, para facelos “con criterio”. Caballero advertiu que algúns municipios da área de Vigo poden precisar auga ao longo do verán e asegurou que Vigo está disposto a dala.