O goberno de Vigo reforza o servizo de autobús urbano para o Marisquiño

Caballero anunciou hoxe martes que, na fin de semana do 11 ao 13 de agosto, o goberno vigués prolongará o funcionamento da liña C1, que pasará a operar tamén de noite, e habilitará un novo servizo especial nocturno que, xunto aos habituais N1 e N2, significará un autobús cada quince minutos.
Publicado por o día 01/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno de Vigo reforza o servizo de autobús urbano para o Marisquiño

O Concello de Vigo reforzará a liña C1 e o servizo nocturno de autobús urbano durante a fin de semana do Marisquiño, do 11 ao 13 de agosto, segundo explicou este martes Abel Caballero, dada a “mobilización masiva na cidade” polo festival.

A liña C1 prolongará o seu servizo durante as noites do venres e do sábado. Así, das oito da mañá ás dez da noite, haberá un C1 cada dez minutos; entre las dez e as doce da noite a frecuencia será de quince minutos; e desde las doce da noite ás seis e cuarto da mañá, o circular seguirá funcionando cada trinta minutos. O domingo, o C1 repite as frecuencias cada dez minutos entre as oito da mañá e as dez da noite, e prolonga o servizo ata as once da noite que conclúe cun autobús cada quince minutos.

O Concello mellora tamén os autobuses nocturnos durante a nomeada fin de semana cun novo servizo especial para o venres e sábado. Ambos días operarán coma sempre os N1 e N2, partindo de Samil e de Navia respectivamente, cunha frecuencia cada hora con saída ás horas en punto no caso do N1 e ás trinta minutos de cada hora no do N2.

O servizo especial funcionará as noites do venres e do sábado, con saídas desde Samil e Navia, e percorrido polas avenidas de Castelao e Camelias, baixando ao Paseo de Alfonso, Policarpo Sanz e García Barbón ata a rotonda de Miragaia. Este autobús terá saída en Samil ás 23:05 horas, ás 00:15 horas e aos quince minutos de cada hora ata as 04:15 horas; e en Navia ás 23:40, ás 00:45 e aos 45 minutos de cada hora ata as 04:45h.

Deste xeito, co reforzo de autobús urbano anunciado complementando ás habituais liñas nocturnas, haberá nos treitos comúns un autobús cada quince minutos nas noites dos venres e do sábado do Marisquiño.