O goberno vigués divulgará o servizo de orientación xurídica gratuita do Colexio de Graduados Sociais

Despois de reunirse cos seus responsables na mañá deste luns, Caballero garantiu a colaboración do Concello para divulgar e promover o servizo que ofrecerá o Colexio unha vez por semana, un asesoramento xurídico de balde no ámbito sociolaboral e de seguridade social.
Publicado por o día 12/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O goberno vigués divulgará o servizo de orientación xurídica gratuita do Colexio de Graduados Sociais

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión cos responsables do Colexio de Graduados Sociais, tras a que garantiu o apoio do Concello na divulgación e promoción do seu servizo de orientación xurídica gratuíta.

Explicou Caballero en rolda de prensa que o Colexio está levando adiante un día á semana este servizo de información e asesoramento xurídico de balde, para consultas de ámbito sociolaboral e de seguridade social, atendidas por profesionais colexiados cualificados.