O goberno vigués licita por “case un millón de euros” obras de asfaltado nas parroquias

Continuando coas humanizacións no rural e no centro urbano, o rexedor informou da aprobación da licitación do proxecto de obras que supoñerá a renovación dos firmes en diferentes vías.
Publicado por o día 13/07/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno vigués licita por “case un millón de euros” obras de asfaltado nas parroquias

En concreto, as obras para asfaltados e substitución de firmes afectarán no centro na zona de Bouzas as rúas Covadonga e Eduardo Cabello, no Castro as rúas Aríns, Couto e Marqués de Alcedo e en Praza América a rúa Pastora.

Na zona norte incluiránse Alcabre (camiño Cruceiro e camiño Forte), Castrelos (camiño Viloura), Sárdoma (estrada Miraflores), Candeán (camiño Monte Vixiador) e Teis (avenida Dona Fermina) e, ademais, Coruxo (camiño do Viñó), Matamá (Beirán e Roupeiro), Bembrive (Arieiro) e Zamáns (estrada de Marcosende).

O investimento municipal na mellora destes viais ascende a “case un millón de euros”.