Golpeado por unha vaca

Publicado por o día 05/06/2018 na sección de Sucesos

Golpeado por unha vaca

Ao fío das 10:30 horas, un particular solicitaba ao CIAE asistencia sanitaria para un traballador que fora golpeado por unha vaca. Os feitos ocorreron nunha explotación gandeira, situada en Vilachán, na localidade lucense de Samos, onde o operario realizaba o seu traballo.

Tras recibir o aviso, axiña se requiriu dende o 112 Galicia, a intervención dos servizos sanitarios de urxencia do 061 e  dos axentes da Garda Civil.