Gómez Reino: “A desertificación industrial de Ferrolterra é consecuencia da inacción e da complicidade de Feijóo coas grandes empresas»

Unidas Podemos apoia a folga comarcal convocada polos sindicatoso 25F para clamar contra a fonda crise industrial que deriva dos peches de Endesa, Gamesa, Poligal e a falla de contratos navais

O deputado de Unidas Podemos pola Coruña, Antón Gómez Reino, amosou hoxe o seu total apoio ás centrais sindicais galegas, que veñen de convocar unha folga comarcal para clamar contra á desertización industrial que sufre a comarca de Ferrolterra dende hai anos.

«Unha situación que ven de lonxe e se arrastrou ao longo desta última década ante a inacción e a complicidade coas grandes empresas da Xunta do PP de Alberto Núñez Feijóo, que fai unha pequena montaxe performativa de protesta contra Endesa a que lle permitiu con total impunidade o expolio ecolóxico e económico das Pontes», denuncia o deputado galego.

Unha crise, sinalou Gómez Reino, que ten varias frontes na comarca, sen carga de traballo no naval, co peche da factoría de palas eólicas das Somozas, antes foron outros centos de empregos en Poligal e Noa Maderas, e que viu agravada esta semana tras o anuncio da peche definitivo da central térmica de As Pontes.

Unha decisión que Endesa argumenta en que as probas con biocombustibles non resultaron positivas sen amosar os resultados das mesmas, tal e como lles demandamos coa presentación dunha batería de iniciativas rexistradas por Galicia en Común na Cámara Baixa.

A comarca de Ferrolterra está a sufrir unha perda constante de postos de traballo froito da nula política industrial da Xunta de Galicia de Núñez Feijóo “afeita a botar balóns fóra e a ver a palla no ollo alleo mais non a viga no propio”, sinalou o deputado Antón Gómez Reino.

“Alertouse dende hai anos que era preciso preparar a comarca para unha transición xusta mentres Feijóo se fixo o xordo, cego e mudo e os gobernos centrais do Partido Popular buscaban rebaixar as esixencias ambientais no tocante de apostar pola transición ecolóxica”.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario