Gómez Reino: “Basta xa de empregar a CRTVG como un medio de propaganda do Partido Popular”

“Feijóo e o Partido Popular preséntanse ás eleccións coas cartas marcadas, utilizando de maneira partidista a CRTVG e a propia Xunta de Galicia”
Publicado por o día 21/05/2020 na sección de Política,En Común Unidas Podemos

Gómez Reino: “Basta xa de empregar a CRTVG como un medio de propaganda do Partido Popular”

Galicia en Común-Anova Mareas denuncia novamente o uso partidista que o Partido Popular de Núñez Feijóo leva facendo máis dunha década da CRTVG e que, segundo a denuncia do propio persoal, se intensificou durante a cobertura da pandemia por coronavirus.

Son frecuentes as ocasións nas que o persoal da CRTVG denuncia a manipulación informativa á que se ven sometidos diariamente nos servizos informativos e sinalan como baixo as presións do entorno do presidente Feijóo se prioriza “antepoñer os intereses do Partido Popular ao dereito da cidadanía de acceder a unha información veraz”.

Galicia en Común-Anova Mareas volve amosar publicamente o seu apoio aos traballadores e traballadoras da CRTVG, que denuncian “as estratexias de manipulación informativa” ou o “secuestro dos medios públicos galegos”.

“A radio e a televisión pública de Galicia pertence a todos e todas as galegas e debe garantir o pluralismo político, por iso non se entende que o señor Feijóo teña comparecido máis de 27 horas en horarios de máxima audiencia mentres silencia a oposición”, sinalou o candidato e portavoz de GeC-AM. “Basta xa de empregar a CRTVG como un medio de propaganda do Partido Popular”.

“O señor Feijóo e o Partido Popular preséntanse ás eleccións coas cartas marcadas”, indicou Gómez Reino. “Estamos a ver como usan a cobertura da pandemia da Covid19 para facer a precampaña das autonómicas e emendar ao goberno central. Tamén vemos como Feijóo utiliza o seu posto de presidente de todos os galegos e galegas no seu propio beneficio e como  ferramenta propagandística do Partido Popular, ao tempo que propón limitar a unha semana a campaña para o resto de formacións políticas”, denunciou Gómez Reino.

Comentar noticia

Your email address will not be published.