Gómez Reino compromete que o futuro Goberno de progreso traballará conxuntamente co empresariado galego para reactivar a economía do país e impulsar o seu avance social

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas pronunciou unha conferencia convidado polo Círculo de Empresarios de Galicia na que propuxo un pacto para a recuperación do país que implique a traballadores, empresas, Administración públicas e institucións da sociedade civil
Publicado por o día 18/06/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Galicia,Política,Vigo

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, avogou hoxe en Vigo por “un gran pacto para a recuperación o país que aúne os esforzos de empresas, traballadores, Administracións públicas e as institucións da sociedade civil organizada para impulsar a reactivación do tecido produtivo e o avance social de Galicia”.

Gómez Reino pronunciou este xoves unha conferencia  no Círculo de Empresarios de Galicia, o foro empresarial máis importante do sur do país, con alrededor de 300 empresas asociadas que suman un volume de negocio de 9.000 millóns de euros anuais.

“Son consciente de que a posibilidade de ofrecer á sociedade galega un futuro de progreso pasa porque todos os que conformamos a arquitectura institucional do Estado sexamos capaces e traballar conxuntamente cos sectores máis dinámicos da economía, coas grandes empresas, pero tamén cos emprendedores, coas cooperativas, cos autónomos e coas Pemes”, indicou Gómez Reino.

O candidato da coalición recflectíu a relevancia do diálogo social e do entendemento entre todos os actores sociais e económicos do país como base do noso Plan para a Recuperación de Galicia, “que debe ter como obxectivo a conformación dun novo modelo produtivo que garanta un crecemento sostible da economía galega, que satisfaga os dereitos laboráis e sociais esenciais, e que teña a mirada posta na Unión Europea”.

Nese sentido, Gómez Reino subliñou o exemplo do Goberno do Estado, “onde Galicia en Común está presente na figura da ministra de Traballo, Yolanda Díaz”.

“Un Goberno que tivo no diálogo social a base do deseño e a execución durante a emerxencia sanitaria de medidas sociais destinadas a protexer non só ás traballadoras, senón tamén á actividade de miles de empresas afectadas pola crise derivada da pandemia da Covid-19”.

A conferencia do voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas foi presentada polo catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo Santiago Lago, quen definíu a Gómez Reino “como o representante dunha nova xeración de políticos galegos cun perfil  que resume en boa medida a imaxe da Galicia que ven”.