Gómez Reino defende o proxecto de En Común como o garante do espazo de unidade popular en Galicia

O secretario xeral de Podemos Galicia subliña que a candidatura de Galicia En Común no marco de Unidas Podemos é a única opción política “que asegura que os intereses das maiorías sociais de Galicia estarán representadas nas Cortes Xerais” a partir do 10 de novembro
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Podemos,Política

Gómez Reino defende o proxecto de En Común como o garante do espazo de unidade popular en Galicia

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, defendeu hoxe o proxecto de Galicia en Común como “o garante do espazo de cambio e a ferramenta da unidade popular” no país e como “a opción política que asegura que os intereses das maiorías sociais de Galicia estarán representados nas Cortes Xerais do Estado” de cara ás eleccións xerais do 10 de novembro.

“Neste país hai unha ampla maioría cidadá que aposta pola unidade de todas as forzas de progreso como a única vía posible para un proxecto politico que defenda a xustiza social, a igualdade, o feminismo e o medio ambiente”, dixo Gómez Reino, cabeza de lista da coalición por A Coruña, tras asistir en Estrasburgo ao pleno del Consello de Europa.

“Ese é o espazo social que nós representamos” engadiu o secretario xeral de Podemos Galicia, quen subliñou o compromiso da formación “coas organizacións irmás coas que traballamos a diario nos grupos parlamentarios do Senado, o Congreso e o Parlamento de Galicia en defensa dos intereses do noso país”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.