Gómez Reino: “É imprescindible garantir a viabilidade de Alcoa e o mantemento dos postos de traballo»

O Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común solicita unha xuntanza co Secretario Xeral de Industria e PYME para abordar a situación das plantas da Coruña e Avilés
Publicado por o día 07/05/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

Gómez Reino: “É imprescindible garantir a viabilidade de Alcoa e o mantemento dos postos de traballo»

O voceiro de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez Reino, xunto coa deputada Sofía Castañón e o portavoz do Grupo Parlamentario Confederal na Comisión de Industria, Comercio e Turismo, Alberto Rodríguez, veñen de solicitar unha xuntanza co Secretario Xeral de Industria e PYME, Raúl Blanco, para abordar a situación das plantas de Alcoa da Coruña e Avilés.

O voceiro de Galicia en Común amosa a súa “preocupación tras a última operación financeira en ambas fábricas e que pon en dúbida o compromiso que o grupo suizo Parter adquiriu o pasado verán cos traballadores das plantas tras compralas da multinacional Alcoa”.

Gómez Reino lembrou que “o importante radica en asegurar a viabilidade da empresa e dos 700 postos de traballo directos e miles de empregos indirectos de ambas plantas”, cuestións que lle trasladarán a Raúl Blanco na xuntanza solicitada.

“Se ben somos coñecedores da difícil coxuntura que as dúas plantas de fabricación atravesan dende hai varios anos, as últimas operacións de traspaso entre grupos multinacionais xeran unha elevada inseguridade sobre o presente e o futuro de ambos centros de produción”, sinálase na carta remitida esta mesma mañá.

Comentar noticia

Your email address will not be published.