Gómez-Reino: “Feijóo e o PP non tiveron un goberno senón unha custosísima maquinaria de propaganda que pagamos todos e todas”

Publicado por o día 05/03/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

Gómez-Reino: “Feijóo e o PP non tiveron un goberno senón unha custosísima maquinaria de propaganda que pagamos todos e todas”

Galicia en Común-Anova-Mareas quere condenar o uso partidista que o Partido Popular leva facendo das institucións públicas durante os anos de goberno na Xunta de Galicia e que continúan a facer en precampaña electoral. Hoxe a Xunta Electoral ordenou o cese dunha campaña de publicidade do goberno galego polo seu parecido co lema que está a usar o Partido Popular na precampaña.

O candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino entende que esta praxe é “unha vergoña democrática onde vemos como o PP de Núñez Feijóo pon, unha vez máis, as institucións públicas ao servizo do seu partido” e engadiu que “Galicia non merece un presidente que agocha as siglas do seu partido para enganarnos, que oculta a realidade de Galicia tras unha indecente maquinaria de propaganda mentres recorta en educación, suprime camas nos hospitais e tentou, sen éxito, pechar o paridoiro de Verín no que foi un gran exemplo de loita colectiva na defensa do común”.

Para Galicia en Común-Anova-Mareas, a xestión de Feijóo resúmese no que foi un decenio negro, coas institucións ao servizo dun partido condenado por corrupción. “Levan máis de dez anos pretendendo facer da Xunta unha ferramenta ao servizo do Partido Popular, para o que empregan os organismos públicos, como a Axencia de Turismo de Galicia ou a CRTVG como altofalantes das súas consignas”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.