Gómez Reino: «O goberno de coalición continuará actuando con determinación para recuperar todos os bens expoliados pola Familia Franco»

O deputado de Unidas Podemos e portavoz de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, reuniuse esta mañá co Secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, para tratar cuestións relacionadas coa memoria histórica en Galicia.

O dputado puxo sobre a mesa a súa preocupación polos usos futuros do Pazo de Meirás tras o intento, por parte da Xunta de Núñez Feijóo, de «esconder parte da historia e contala de maneira descafeinada detrás da figura de Pardo Bazán».

«O Pazo de Meirás non era un lugar de veraneo e descanso», lembrou Gómez Reino, «senón un sitio onde se tomaron decisións políticas no marco dos Consellos de Ministros franquistas e iso é tamén parte da historia que se debe contar».

Na xuntanza mantida hoxe no complexo da Moncloa tamén se puxeron sobre as mesa outros asuntos como a necesidade de contar cun censo de galegos e galegas que se atopan en Cuelgamuros; o apoio á familia de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz na loita xudicial iniciada en Arxentina polos crimes do Franquismo ou o impulso definitivo a que se modifique a nomenclatura do Arsenal Militar de Ferrol, dependente do Ministerio de Defensa.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM