Gómez Reino: “O ingreso mínimo vital é unha medida histórica que acabará con anos de desigualdade promovida polos gobernos do Partido Popular”

“O noso compromiso é aproveitar as oportunidades que nos brinda o autogoberno para implementar unha Renda Básica Galega propia como ferramenta ambiciosa para combater a desigualdade e o risco de pobreza no país”
Publicado por o día 29/05/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

O voceiro e candidato á presidencia da Xunta de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, comprometeu hoxe que o Goberno de progreso que saia das urnas logo do 12 de xullo fará unha aposta decidida para desterrar a pobreza e facer do Risga “unha ferramenta real para combater a desigualdade”.

“Hoxe é un día histórico. Apróbase no Goberno de coalición a Renda Mínima Vital, unha garantía de subsistencia para tantas e tantas familias galegas. Cando se propuxo, todos os poderes económicos dixéronnos que era unha barbaridade. Hoxe será unha realidade que rematará con anos de políticas de fomento da desigualdade do Partido Popular”, remarcou.

“Cómpre poñer en valor a inxente mobilización de recursos públicos que para forxar este inmenso escudo social e novos sistemas de redistribución para que ninguén fique atrás”, salientou o portavoz.

“Fronte ao odio, ao ruído de sables, a división que está a crear irresponsablemente a dereita; fronte al “que se jodan”, ás Cayetanas… nós poñemos protección social, blindar os servizos públicos e os coidados. O que lle molesta a Feijóo da Renda Mínima Vital é que non leve o logo da Xunta fronte a unha Risga que é escuálida e absolutamente insuficiente”.

O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas lamentou tamén a o anuncio de Alcoa de que procederá a despedir a 534 traballadores da súa factoría en San Cibrao. Gómez Reino reiterou o chamado a todas as Administracións para que traballen conxuntamente na procura dunha solución para a industria do aluminio no país.

“Fomos o primeiro espazo político en falar dunha intervención pública decidida para garantir o emprego e a viabilidade das industrias electrointensivas cun plan de rescate. O que lle esiximos ao señor Feijóo, a fronte da Xunta de Galicia desde hai once anos e con todas as compentecias en materia de Industria, é que se esmere con Alcoa”.

“Non sabemos que fixo o PP de Feijóo nestes dez anos por garantir o futuro da industria electrointensiva e porque non empregou as súas competencias en procurar solucións. O que vemos é que non fixo absolutamente nada, nin agora nin antes. Feijóo é unha sorte de político rémora, especialista en desviar o tiro e apropiarse do esforzo lexislativo dos outros ao servizo das súas siglas e estratexia”.

“Feijóo convocou un proceso electoral sen garantías nin certezas. A campaña non é un capricho. Está lexislada cun marco normativo para que a cidadanía poida coñecer as propostas políticas e tomar unha decisión con dereitos democráticos. Esiximos, a quen ten competencias, que nos diga dunha vez cal é a súa proposta”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.