Gómez Reino: “Os coidados estarán no centro de todas as acción públicas e lexislativas do futuro Goberno de progreso”

Galicia en Común-Anova Mareas urxe a Feijóo a que exerza xa as súas compentencias para conciliar a desescalada co coidado de pequenas, maiores e dependentes
Publicado por o día 03/06/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

Gómez Reino: “Os coidados estarán no centro de todas as acción públicas e lexislativas do futuro Goberno de progreso”

O candidato e portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, afirmou hoxe con toda rotundidade que a conciliación da vida familiar e laboral estarán no centro das políticas públicas do futuro Goberno de coalición da Xunta fronte a un PP que non ten adoptado nin unha soa medida en 70 días de confinamento para compaxinar a desescalada cos coidados de nenas, maiores e persoas dependentes.

“Os coidados estarán no centro de todas as acción públicas e lexislativas do futuro Goberno de progreso da Xunta de Galicia a partir do 13 de xullo”, afirmou Gómez Reino, para anunciar un plan real e concreto con medidas de conciliación e corresponsabilidade que permita, dunha vez e de forma efectiva, acompasar a vida familiar co desempeño laboral.

“A medida que a desescalada vai avanzando, centos de familias galegas atópanse con que teñen que retomar as súas vidas laborais con enormes dificultades para compaxinar co coidado dos pequenos e das persoas dependentes”, dixo o voceiro, que instou a Feijóo a que “actúe con responsabilidade nestas poucas semanas que lle quedan, e faga o uso que non fixo das súas competencias con medidas inmediatas para conciliar o traballo cos coidados”.

“Exisimos a Feijoo que exerza as súas compentencias e responsabilidades e que poña sobre a mesa estas medidas. E ten que facelo agora. Non podemos agardar ao 13 de xullo, cando teremos, ao fin, un Goberno que poña os coidados no centro”, concluíu.

Asemade, o candidato de Galicia en Común-Anova Mareas salientou que as dificultades á hora de conciliar trasládanse nunha maior medida ás mulleres e adiantou o que vai ser un dos eixos da proposta programática da coalición en canto a conciliación, realizaremos unha avaliación económica sobre os usos dos tempos, xornadas e reparto do traballo en Galicia, que sirva de base para o deseño de alternativas que permitan “racionalizar os horarios laborais e facelos compatibles con outros tempos e dimensións da vida”.

Gómez Reino apremia a Feijóo a que estableza medidas concretas e protocolos habilitando espazos para desenvolver actividades lúdicas e deportivas con todas as garantías de saúde e seguridade para as nenas e nenos este verán, e compromete un plan de corresponsabilidade e unha mesa de diálogo cos concellos para unha volta as aulas seguras en setembro acorde as recomendacións das autoridades sanitarias.