Gómez Reino: “Sería unha enorme irresponsabilidade deixar caer o estado de alarma e poría en risco miles de vidas”

Galicia en Común-Anova Mareas chama á responsabilidade política ante a gravidade da pandemia para non botar por terra o enorme esforzo e sacrificio da sociedade galega no confinamento para combater o Covid
Publicado por o día 06/05/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

Gómez Reino: “Sería unha enorme irresponsabilidade deixar caer o estado de alarma e poría en risco miles de vidas”

Galicia en Común-Anova Mareas vén de facer hoxe un novo chamado á “máxima responsabilidade” das forzas políticas ante o debate decisivo que se iniciaba esta mañá no Congreso.

“Sería unha enorme irresponsabilidade deixar caer o estado de alarma”, manifestaba o voceiro da coalición, Antón Gómez Reino. “Sería botar por terra o enorme esforzo feito por miles de galegas e galegos neste tempo de confinamento e poñer en risco miles e miles de vidas”, manifestou.

“Toca apelar á responsabilidade do conxunto de forzas do Estado e do país. Quedan horas para a votación e non é momento de facer loita partidista. Non é o momento de loita electoral nin de xogar coa protección social de milleiros de familias en situación de desemprego ou nun ERTE”, reiterou Gómez Reino.

“É o momento de apoiar un mecanismo normativo que permite ordenar as medidas de desescalada e, ao tempo, continuar a artellar o amplísimo escudo social que, por primeira vez na historia, garante a cobertura social da xente que está a sufrir o peor desta crise sanitaria e económica con fórmulas que aseguran o cobro das prestacións e dos ERTEs para tantos centos de miles de galegas e galegos ”, asegurou o portavoz.

Galicia en Común-Anova Mareas quere lembrar que desde o inicio do confinamento, a coalición tivo a man tendida para o diálogo con todas as forzas políticas do país na procura de amplos acordos e consensos, no contexto dunha situación excepcional que require cooperación e lealdade.

Desde finais de marzo, estamos achegando propostas ao goberno de Núñez Feijóo co obxectivo de activar medidas complementarias, dentro das competencias da Xunta, para reforzar a Atención primaria, implementar políticas sociais e de vivenda, dinamizar os nosos sectores primarios e repensar o Xacobeo 2021 para destinar eses fondos a irrigar o tecido cultural do país.

Comentar noticia

Your email address will not be published.