Gómez-Reino: “Temos que sacar os terceiros deputados da Coruña e de Pontevedra para lograr un goberno de cambio real para as maiorías sociais”

Publicado por o día 18/06/2016 na sección de Elecciones 26J,En Marea,Política

Gómez-Reino: “Temos que sacar os terceiros deputados da Coruña e de Pontevedra para lograr un goberno de cambio real para as maiorías sociais”

 En Marea levou hoxe os aromas salgados da nova política ao Pazo da Cultura de Carballo, onde escoitamos  ao cabeza de lista pola Coruña ao Congreso, Antón Gómez-Reino, a n.2 Yolanda Díaz, ao vicevoceiro de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez e á secretaria xeral de Podemos Galicia, presentados por EDUARDO GARCÍA, candidato suplente de En Marea que aproveitou para recordar as mobilizacións de Nunca Máis comparándoas con este movemento de ilusión e cambio xerado por En Marea.

O cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, ANTÓN GÓMEZ-REINO recordou que “ars enquisas dinnos que podemos sacar dous deputados máis pola Coruña e por Pontevedra. Este país contaría aínda máis e podemos ter un goberno de cambio que dea esa patada á corrupción e goberne para as maiorías sociais. O 20D ademais de ter un resultado histórico abrimos un camiño. Galicia é a vangarda do cambio. O espazo En Marea foi a referencia e temos que estar moi orgullosos e orgullosas. Onte estivo Pedro Sánchez en Pontevedra e tivo a desfachatez de dicir que En Marea é culpable de que ENCE siga na ría de Pontevedra. E nós dicímoslle a Pedro Sánchez que se decida dunha vez se vai continuar a apostar polo goberno con C’s ou o goberno do cambio. E ao PP dicímoslle que o tempo do narcopresidente, do folclore, do plasma.. ese tempo pasou. Hai un proxecto de país que representa En Marea e por outro lado está o modelo de colonia di Ibex35, das grandes empresas. Só temos dúas posibilidades: un goberno do bloque conservador ou un goberno do cambio. Non nos xogamos catro anos de goberno, xogámonos a vida, a sociedade que imos contruir para os nosos fillos e fillas, somos protagonistas, somos decisivos.”

A n.2 ao Congreso pola Coruña, YOLANDA DÍAZ, criticou que hoxe “o señor naranjitodixo que non lle gusta Rajoy pero que lle gusta moito Feijoo e que apoiarían un goberno se cambiaran a Rajoy por Feijoo. Isto deixoume moi preocupada porque sabemos que Feijoo triplicou a débeda pública, forma parte da dereita radical, privatizou absolutamente todo e cargouse o servizos públicos directamente. Feijóo é tamén o campión da destrucción de empregos, 185.000 postos de traballo destruídos desde que el chegou, barbaridade comparado coas medias do noso país. Algo fai radicalmente mal para que vaiamos moito peor que o resto do Estado.  As últimas enquisas demostran que estamos a 3 puntos do PP, estamos a mirar ao PP de ti a ti, non estamos no segundo punto. Por primeira vez imos ter un presidente que ten o corazón na esquerda e vai mirar cara abaixo e nos van dicir que é o importante como é que temos nenas e nenos e persoas maiores que non se poden alimentar de xeito saudable. Temos prioridades. Primeiro derrogar as dúas reformas laborais do noso país que nos deixaron aos traballadores sen dereitos. Imos recobrar a indemnización por despedimento a 45 días. Ese contrato de emprendemento tamén imos acabar con el.  A lei de emprendemento é a ideoloxía do novo réxime unha nova forma de explotación con pequenos autónomos que non poden chegar a final de mes. Imos cambiar realidade dos contratos neste país. Non queremos Salario Minimo Interprofesional 6 euros máis senon un salario digno de 800 euros no primeiro ano e medrando ata acadar a media da Carta Social europea. Estamos a vivir unha grandísima estafa, o señor Feijoo o presidente máis caro da historia, ideou esa fallida fusión das causas para acabar malvendendo e un burato que temos que pagar os galegos e galegas e agasallou a banca venezolana. Queremos banca pública como países avanzados. Non queremos ser os camareiros e camareiras do sur de Europa. Non queremos persoas pensionistas que cobran 300 euros ao mes e teñen que vivir coas súas fillas e fillos porque non teñen ingresos, as mulleres que teñen que soster aos seus dependentes porque non teñen alternativa outro apoio. Vivimos un momento histórico no que por fin podemos cambiar o rumbo, transformar o noso país. Por iso con amor e co corazón á esquerda dicímosvos que esta campaña non é unha máis, é a oportunidade para .. e para dicirlles que nós non imos gobernar para os amigos do Réxime.”

ANTÓN SÁNCHEZ comezou a súa intervención loubando figuras coma a de Eduardo García, parado de longa duración “aos que o goberno de Feijóo multiplicou por tres, igual que os recortes de dependencia, cando temos que soportar a propaganda oficial que nos di que que blindan o gasto social, e escoitamos hoxe con Eduardo a realidade que sofre a xente, mentres lle dan contratos millonarios a empresas amigas do PP aos dependentes se lles recorta dramaticamente as persoas nas súas pensións. Ferroatlántica é un exemplo de porque reclamamos soberanía para o pobo que significa que o pobo sexa dono do seu destino, con políticas que beneficien aos de abaixo, como dicía Galeano sendo un país mo rito esa riqueza non é para o pobo, neste caso é para Villar Mir con concesións irregularmente prorrogadas, riqueza que produce para el e non para o pobo, pola corrupción profunda que aniña neste sistema. Decidir sobre todo, sobre a nosa auga sobre o noso vento. E agora xorde a repolitización da mocidade. Vimos de organizacións diferentes con ideoloxías diferentes pero sabemos que o único xeito de vencer esta mafia é a unidade. O noso obxectivo non é só gañar o 26 e cambiar os equilibrios das institucións, o día despois de gañar os gobernos do Estado e na Xunta onde conqueriremos en outono un goberno do pobo, temos que seguir traballando para cambiar o sistema e o Réxime. A lexislación aprobada foi feita para persoas coma Villar Mir, non está feita para a xente. E para iso imos precisar moitas mans, e non só nas institucións tamén nas rúas. Temos que darlle unha patada no cú metafórica a toda esa organización criminal liderada por Rajoy  e ao dia seguinte transformar todo iso nunha realidade vivible para todos vós”.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, CARMEN SANTOS fixo referencia á democracia de baixa intensidade  na que hai moita xente que non está en condicións de facer determinados sacrificios e dedicarse á política. Por iso é imprescindible falar de Rajoy e sobre todo despois do debate, no que dicía que gobernar non é doado, doulle a razón, e menos doado con inútiles, ineficaces e con redes clientelares. Sobre todo cando atacan ás persoas que si están demostrando que hai outro xeito de gobernar. Pese ao que din a realidade é que crece o investimento extranxeiro, diminúen as débedas e temos Coruña e Santiago que acaba de aprobar a renda básica pese a coller concellos en situación lamentable. O que está en perigo son os seus privilexios.  Dende que goberna Rajoy fixeron un furado no peto das pensións de 60 mil millons de euros. A xente traballa pero é pobre, pasaron dun 12 a un 21% entre os traballadores mozos.  Este non é o modelo de país que queremos para a nosa xente. Temos que aspirar a ter un emprego de calidade. o PP só está preocupado polo seus chiringuitos. Se se atallara a fraude nos contratos como fixeron co novo hospital de Vigo e nos unimos todos e todas para botar esta xente e demostrar que a alternativa de cambio é En Marea. O cambio é tanto dos mozos coma das persoas maiores. Por iso vos animo a seguir facendo campaña e loitar contra esta lacra. Xa demostramos nos concellos que o cambio é posible, así que forza porque imos arrasar o 26 de xuño e Hai Marea!”