Os letrados do Congreso admitiron hoxe a trámite a creación da Comisión de Investigación que o Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común solicitou o pasado mes de decembro para que a Cámara Baixa investigue o suposto uso de tarxetas black por parte do rei emérito tras a súa abdicación.
“Non é a primeira vez que rexistramos a creación dunha Comisión de Investigación por este asunto”, indicou Antón Gómez Reino, “pero si a primeira vez que os letrados da Cámara a admiten a trámite, o que nos demostra que xa non hai excusas. Grazas ao traballo de Unidas Podemos o Congreso pode e debe investigar a Juan Carlos de Borbón e a cidadanía saberá, dunha vez por todas, en que gastou os cartos de todos e todas o rei emérito e membros da súa familia”.
Para o voceiro de Galicia en Común “isto demostra que ser cabezóns dá os seus froitos” e lembrou que “agora é a Xunta de Voceiros a que terá que pronunciarse ao respecto. Sabemos que PP e VOX votarán en contra e sabemos tamén que nós votaremos a favor. Agora non vale escudarse en argumentos técnicos porque a decisión é meramente política”, indicou. “Non é unha cuestión de ser ou non republicanos, senón que calquera grupo que estea a favor da transparencia e do escrutinio democrático ten que votar a favor na Mesa do Congreso da creación desta Comisión de Investigación presentada por Unidas Podemos”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.