Gondomar concello aberto dara o seu apoio ao documento asinado polos alcaldes de A Coruña, O Ferrol e Santiago

Decidiu apoiar o documento asinado polos alcaldes de A Coruña, O Ferrol e Santiago
Publicado por o día 24/07/2016 na sección de Política,Vigo

Gondomar concello aberto dara o seu apoio ao documento asinado polos alcaldes de A Coruña, O Ferrol e Santiago

Gondomar Concello Aberto, na súa asemblea celebrada o pasado sábado, decidiu apoiar o documento asinado polos alcaldes de A Coruña, O Ferrol e Santiago, no que propoñen as bases do que consideran que debe ser a candidatura para as vindeiras eleccións autonómicas:

  • Substitución da actual mesa de coordinación por un instrumento aberto e democrático que represente o proceso de ampliación da base social e democratización de En Marea.
  • Alargamento da base social de En Marea a través da incorporación de todas as mareas municipalistas, candidaturas de unidade popular e actores políticos e sociais.
  • Aproveitar como base para o debate o traballo feito durante estes últimos meses por ducias de mareas arredor do proceso de Mareas en Común.