GONDOMAR CONCELLO ABERTO, esta a realizar unha campaña para que a construción do novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos

Publicado por o día 01/06/2018 na sección de Gondomar Concello Aberto,Política

GONDOMAR CONCELLO ABERTO, esta a realizar unha campaña para que a construción do novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos

GONDOMAR CONCELLO ABERTO, esta a realizar unha campaña para que a construción do novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos que demanda Gondomar e con capacidade para atender a toda a súa poboación, con mocións no concello, recollida de firmas, solicitude de entrevista co Conselleiro de sanidade, etc.

O proxecto actual substitue ao proxectado no 2009, tras ser consensuado cos profesionais da saúde e as forzas sociais, reduce tanto a cantidade de persoal destinado ao centro como a superficie do mesmo conseguindo que sexa insuficiente desde que nace.

CONVOCAMOS a toda a cidadanía a unha concentración, o próximo Sábado día 2 de Xuño, ás 12 da mañá, diante do Centro de Saúde actual para conseguir o CENTRO DE SAÚDE que GONDOMAR NECESITA.