Gondomar pon en marcha unha campaña de concienciación para o aforro e consumo responsable de auga

Publicado por o día 22/03/2019 na sección de Galicia,Gondomar

Gondomar pon en marcha unha campaña de concienciación para o aforro e consumo responsable de auga

O Concello de Gondomar celebra o venres 22 de marzo o día Mundial da auga impartindo charlas informativas nos centros educativos do municipio, Gardería San José e nas asociacións veciñais, xunto coa entrega dun exemplar do Manual de Bos Usos: “En Gondomar amamos a auga”, libro que foi editado polo concello e que será repartido entre todos os alumnos e asistentes.
 
Estas charlas iniciáronse este venres no CEIP Serra- Vincios e no CEP Xosé Neira Vilas en Peitieiros, o luns no CEIP Souto de Doas. Están dirixidas a alumnos de 4 to., 5 to., e 6 to., de primaria en idades comprendidas entre os 9 e 11 anos, e continuando ao longo da próxima semana no resto de centros e de asociacións. Serán impartidas por técnicos da empresa concesionaria do Servizo Municipal de Auga, Espiña e Delfin.
 
O obxectivo deste ciclo de charlas, non é outro que concienciar á sociedade de que a auga é un ben esencial para a vida e o seu acceso foi recoñecido no ano 2010 polas Nacións Unidas, como un dereito humano esencial para o pleno goce da vida. É importante reflexionar no feito de que é un ben escaso, e por iso cada pinga conta. Un xesto tan sinxelo como abrir unha chave de auga, ver correr a auga limpa, en abundancia, aparentemente inesgotable, obríganos a ser máis responsables e evitar o seu mal uso, debendo impoñernos o reto individual e colectivo, de alcanzar un uso responsable dun ben tan escaso e vital para todos os seres vivos.