Gondomar reforza o seu persoal de funcionariado municipal

Publicado por o día 06/03/2019 na sección de Galicia

Gondomar reforza o seu persoal de funcionariado municipal

O goberno municipal incorpora ao persoal de persoal dous conserxes para os colexios de primaria Serra Vincios e Neira Vilas de Peitieiros, así como un novo operario para o punto limpo. Os funcionarios serán en réxime de interinidade ata a cobertura definitiva das súas prazas, que sairán a oferta publica este ano con outras tres postos máis para o servizo de vías e obras, tres axente de policía local, unha praza de auxiliar administrativo e outra de administrativo; prazas que levan vacantes desde hai tempo e que son necesarias para o acorde funcionamento da administración local. Ademais está previsto, que se incorporen tamén este mes, catro auxiliares de policía local, cinco novas contratacións de persoas preceptoras do RISGA e doce postos máis a través dunha subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.