Gondomar repartirá 6000 euros en premios no Desfile de Comparsas do Entroido 2020

O goberno local, a través da súa concellería de Cultura, contempla un total de 6000 euros para premiar ás comparsas que se decidan a participar este ano no Desfile Concurso do Entroido do municipio, que se celebrará o vindeiro domingo día 23 de febreiro a partir das 16.30 horas cun percorrido a través das principais rúas do centro urbano gondomareño.

Todas as agrupacións interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do 09 de febreiro, último día de inscrición, han de estar compostas por un mínimo de 20 persoas e cumprir os requisitos recolleitos nas bases reguladoras, xa publicadas. No caso de que o número supere o límite de participación (15) a concellería resérvase o “dereito de selección final das comparsas que concursarán, sendo as restantes convidadas sen dereito a remuneración ou premio”.

A comparsa gañadora recibirá 900 euros, a segunda 700 euros e, o terceiro clasificado recibirá 500 euros, premiándose ademais con 300 euros a mellor carroza do desfile. Tamén están contempladas 6 axudas de 350 euros para as seguintes clasificadas (de 4ª a 9ª posición) e de 250 euros para as clasificadas entre o décimo e o décimoquinto posto.

O vestiario e maquillaxes elixidos, así como a escenografía e deseño de carrozas serán algúns dos elementos que o xurado – presidido polo alcalde, Paco Ferreira, e composto para a ocasión por representantes do mundo social, artístico e cultural- terá en conta á hora de puntuar as agrupacións participantes, valorándose tamén criterios como que a música sexa en directo ou con acompañamento de instrumentos musicais ou rítmicos.

Igualmente o xurado se reserva a posibilidade de anular a axuda ás comparsas que non cumpran cos requisitos esixidos ou a aquelas que “interfiran co desfile doutras, inciten á xenofobia, á violencia, malos tratos animais ou temáticas que inciten á violencia de xénero”.
O goberno local ultima os detalles da programación do Entroido 2020 que arrincará, como é tradicional, co desfile dos colexios do municipio, nesta ocasión previsto para o venres 21 de febreiro, e prolongarase ata o mércores 26, no que se celebrará o enterro da sardiña coas comparsas que participaron no desfile.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM