Gony Z Series Surf Clínic en Patos

Publicado por o día 08/06/2018 na sección de Galicia,Nigrán

Gony Z Series Surf Clínic en Patos

O surfeiro profesional Gony Zubizarreta presenta o seu exclusivo Surf Clínic, primeira acción dentro do marco El Proyecto: Gony Z Series. Organizado por La Conservera del Surf e Vigo Mafia Surf Club, en colaboración coa Federación Galega de Surf e co apoio de Red Bull.

Desenvolverase o sábado 9 e o domingo 10 de xuño na Praia de Patos e Norte de Portugal, limitado a 8 prazas por día. Os asistentes poderán aprender co mellor surfeiro galego de todos os tempos e mellorar o seu surfing cun Campión do Mundo.

O Clínic, dirixido a todos os niveis e idades, inclúe 2 sesións diarias, Test Semente Surfboards, vídeo corrección, asesoramento técnico, material, competición e feedback personalizado, fotografía e vídeo corporativo e Meet & Great Red Bull + Gony (sábado ás 20:00 horas en Mario Puentes 6, Patos).

O prezo é de 150€ un día e de 250€ os dous días, cun 10% de desconto para os surfeiros federados FGS e para os socios de clubs adheridos á FGS. As reservas poden facerse ata hoxe xoves. Máis información e inscricións no correo [email protected] ou no teléfono 648 669 729.