Gonzalo Caballero aborda “o compromiso do goberno de España coa modernización das infraestruturas de Galicia” nunha xuntanza no Ministerio de Transportes

O líder do PSdeG reúnese co secretario xeral de Infraestructuras para falar sobre a chegada do AVE a Galicia, o compromiso co corredor atlántico e a “histórica rebaixa” das peaxes da AP-9
Publicado por o día 17/12/2020 na sección de Galicia,Política,PSOE

Gonzalo Caballero aborda “o compromiso do goberno de España coa modernización das infraestruturas de Galicia” nunha xuntanza no Ministerio de Transportes

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe no Ministerio de Transportes unha xuntanza co secretario xeral de Infraestructuras, Sergio Vázquez, na que constataron “o compromiso do goberno de España coa modernización das infraestruturas de Galicia”.

En concreto, abordaron cuestións como o remate das obras de construción do AVE que comunica Galicia con Madrid e a saída sur, o compromiso co corredor atlántico e a “histórica rebaixa” das peaxes da AP-9.

Así mesmo, repasaron diversos proxectos de mellora na rede de estradas como a autovía da Mariña de Lugo, a variante do Barco de Valdeorras, o proxecto da N-120 ao seu paso por Ponteareas, o desenvolvemento da A-54 (Melide-Palas de Rei e Arzúa-Melide), a ampliación da coruñesa avenida de Alfonso Molina ou o enlace orbital de Santiago de Compostela.

Ao termo do encontro, Gonzalo Caballero salientou a importancia de aprobar definitivamente os orzamentos do Estado para materializar o conxunto de proxectos necesarios para Galicia.

Na xuntanza tamén participaron o coordinador dos socialistas galegos nas Cortes, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o coordinador dos deputados do PSdeG no Congreso, Guillermo Meijón.

Comentar noticia

Your email address will not be published.