Gonzalo Caballero celebra que o goberno socialista “cumpre” ao conceder o indulto a dous traballadores de Vigo

O secretario xeral amósase “moi satisfeito” por ver cumprido “un compromiso político e persoal” que asumira cos dous veciños de Vigo
Por o 11/02/2019 | Sección: Política,PSOE
Gonzalo Caballero celebra que o goberno socialista “cumpre” ao conceder o indulto a dous traballadores de Vigo
Compartir en:

secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, celebrou hoxe a “sensibilidade dun goberno que cumpre cos traballadores” amosada ao conceder o indulto a dous traballadores de Vigo que foran condenados por participar nun piquete en 2008.

Así o recolle o Boletín Oficial do Estado deste luns, despois do acordo tomado polo Consello de Ministros o pasado venres, que concede o indulto a Carlos e Serafín despois de que esta solicitude fose denegada polo executivo presidido por Mariano Rajoy.

“Por motivos como este, o país necesita un goberno de esquerdas, progresista e sensible coas causas dos traballadores”, valorou Gonzalo Caballero, quen participara, xa antes de ser secretario xeral, en distintas concentracións para reclamar o indulto para Carlos e Serafín.

É por iso que desde a chegada de Pedro Sánchez ao goberno, o líder dos socialistas galegos asumiu esta cuestión como “un compromiso político e persoal” cos dous veciños de Vigo.

“Era hora de quitarlles esa lousa de enriba”, concluíu Gonzalo Caballero, quen se amosou “moi satisfeito” pola decisión tomada polo goberno socialista que hoxe se materializa no BOE e que tamén fora demandada de xeito unánime polo Parlamento de Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.