Gonzalo Caballero censura “a falla de aposta” de Feijóo pola sanidade pública, que trae “problemas” como os que deixou o PP en Valencia

Por o 02/10/2018 | Sección: Política,PSOE
Gonzalo Caballero censura “a falla de aposta” de Feijóo pola sanidade pública, que trae “problemas” como os que deixou o PP en Valencia

secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou este luns “a falla de aposta” de Feijóo pola sanidade pública, que está supoñendo en Galicia “problemas similares” aos que deixou a xestión do PP na Comunidade Valenciana e que foron revertidos por un goberno socialista.

“Feijóo dedicouse nos últimos tempos a un cambio de cromos no goberno de Xunta e a buscar a súa promoción persoal dentro do PP, e agora afloran problemas gravísimos de xestión”, recalcou o líder dos socialistas galegos, aludindo así á situación de Povisa e á posición na que se atopan os seus doentes e traballadores.

Así as cousas, Gonzalo Caballero esixiu a Feijóo que “se dedique a dar solución aos problemas dos galegos”, pois “as súas políticas de privatizacións e precarización” da sanidade pública” son “un fracaso”.

Nese escenario informou o máximo dirixente do PSdeG da reclamación de que compareza o conselleiro de Sanidade no Parlamento, á fin de que dea explicacións do que está sucedendo.

“Os socialistas apostamos pola sanidade pública, e cando gobernamos poñemos o público por riba de todo como garantía de servizo de calidade, próximo e gratuíto”, destacou Gonzalo Caballero, antes de recordar a Feijóo que “debe” ese mesmo compromiso ao país.

“BO GOBERNO”

En clave local, Gonzalo Caballero puxo en valor “o bo goberno” dos socialistas en Gondomar, co seu alcalde, Francisco Ferreira, á cabeza, e apelou a obter “unha maioría ampla e sólida” nas vindeiras eleccións municipais “que lle permita desenvolver o proxecto de futuro” que ten para esta vila.

Pola súa banda, o alcalde agradeceu a presenza do secretario xeral en Gondomar “para preocuparse polas inquedanzas dos nosos veciños” ante os incumplimentos do goberno galego.

“Cremos que a Xunta está tendo unha actitude discriminatoria e nada xustificada con Gondomar”, recalcou o rexedor, preocupado pola situación da estrada PO-331, o transporte público e a protección da Serra do Galiñeiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.