Gonzalo Caballero esíxelle a Feijóo que aclare o “uso partidista” de Turismo de Galicia, que retuiteou as “mentiras” do PP sobre o Goberno de España

Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Política,PSOE

Gonzalo Caballero esíxelle a Feijóo que aclare o “uso partidista” de Turismo de Galicia, que retuiteou as “mentiras” do PP sobre o Goberno de España

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Fitur, onde puxo en valor a importancia do turismo para Galicia e chamou a desenvolvelo para que sexa “un sector de futuro” que contribúa a “revitalizar” a economía galega.

Dende a feira, o líder dos socialistas galegos requiriu a Feijóo que aclare o “uso partidista” da conta oficial de Turismo de Galicia.

“Utilizan as institucións públicas para a confrontación co goberno de España”, denunciou Gonzalo Caballero, despois de que dende a conta de Twitter de Turismo de Galicia se redifundisen as mentiras de Miguel Tellado sobre o goberno presidido por Pedro Sánchez. “É gravísimo”, concluíu.

Financiamento

Por outra parte, Gonzalo Caballero esixiulle hoxe explicacións a Feijóo por “negarse a solucionar un problema que xerou Montoro en 2017” no relativo á financiación das comunidades e nos pagos do IVE.

De feito, o líder dos socialistas galegos recordou que Feijóo “non dixo nada” naquel momento e fixo fincapé en que “preferiu obstaculizar a situación” que o goberno socialista acadara a través dos PGE.

“A ministra de Facenda explicoulle que o plazo legal para resolvelo era de dous anos, pero Feijóo preferiu a estratexia de boicot, poñendo a Xunta a disposición da estratexia do PP”, remarcou Gonzalo Caballero.

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG recordou que tampouco Feijóo “dicía nada” cando Rajoy deixou sen investir 2.300 millóns de euros que estaban orzamentados para Galicia.

“SOMOS A MELLOR GARANTÍA”

Neste escenario, Gonzalo Caballero destacou que “os socialistas somos a mellor garantía para o financiamento autonómico” e asegurou que “traballaremos por acadar un sistema potente para toda España” que dea resposta ás necesidades das distintas comunidades.

“Nós apostamos polas autonomías, a diferencia do que supón a alianza do PP cunha ultradereita que quere eliminar o estado das autonomías”, contrastou o candidato socialista á Presidencia da Xunta.

Comentar noticia

Your email address will not be published.