Gonzalo Caballero: “Feijóo inicia a campaña lastrado pola súa falla de compromiso coa exemplaridade dos cargos públicos”

Josep Borrell advirte de que “no está todo hecho” e chama a “non fiarse” das enquisas e acudir a votar o 28 de abril en defensa dos nosos dereitos
Por o 13/04/2019 | Sección: Política,PSOE
Gonzalo Caballero: “Feijóo inicia a campaña lastrado pola súa falla de compromiso coa exemplaridade dos cargos públicos”

secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, advertiu este venres que “Feijóo inicia a campaña lastrado pola súa falla de compromiso coa exemplaridade dos cargos públicos” a raíz do “caso Valedora”, motivado por unha sentencia xudicial que anula o nomeamento da irmá do voceiro parlamentario do PPdeG na institución.

“A valedora do Pobo, coa complicidade de Feijóo, non fai máis que darlle voltas a un asunto que é evidente”, recalcou o líder dos socialistas galegos, para quen, “por dignidade política e pola limpeza da institución, a valedora debería dimitir inmediatamente”.

Ademais, Gonzalo Caballero recordou que o PP tamén “tentou escapar das súas responsabilidades” trala sentenza da Gürtel, igual que agora tenta facer Feijóo “pese a que os tribunais amosan irregularidades de moita gravidade”. “Feijóo non entende a importancia da exemplaridade”, censurou, e reprobou este tipo de “renuncias en diferido” ao tempo que subliñou que estas prácticas terán a súa resposta nas urnas.

“NINGÚN VOTO DE PROGRESO NA CASA”

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG sinalou como os dez anos de Feijóo na Xunta teñen suposto un empeoramento da calidade de vida dos galegos, que hoxe somos menos e de máis idade, e que os mozos contan con “menos oportunidades de futuro”. Os recortes nos servizos públicos foron abondosos, ata o punto de que “meteu a sanidade pública galega na UVI”.

Por iso, e coa óptica do feito polo goberno socialista que encabeza Pedro Sánchez, que en 10 meses foi quen de “gobernar para a maioría” con medidas como a suba das pensións ou do salario mínimo, Gonzalo Caballero chamou a que “ningún voto de progreso quede na casa”.

“NO OS FIÉIS”

Diso falou tamén Josep Borrell, ministro de Exteriores, quen advertiu a un auditorio ateigado de que “no está todo hecho” a pesares do que din as enquisas. “No os fiéis”, incidiu, consciente de que ningún estudo demoscópico preveu a vitoria de Trump en Estados Unidos, do Brexit no Reino Unido ou das dereitas en Andalucía.

Así é que chamou a acudir a votar o 28 de abril en defensa dos nosos dereitos e para rexeitar políticas “machistas, xenófobas y racistas que creíamos superadas”. “Nunca se puede dar por hecha una conquista”, recordou, visto que están en xogo os dereitos das mulleres ou dereitos como á saúde.

“Tenemos que conseguir una mayoría suficiente que nos permita gobernar de acuerdo con nuestros valores y principios”, recalcou Josep Borrell, quen ganou os primeiros aplausos do público ao desculparse, en galego, por non poder utilizar a nosa lingua durante todo o seu discurso.

Ademais, abordou cuestións de moita relevancia para a realidade ourensana, como o despoboamento e o envellecemento. “Hay que elegir gobiernos que apliquen políticas de crecimiento equilibrado y en beneficio de la gente”, recetou, ao tempo que explicou que “no se resuelve de la noche a la mañana” senón que “hace falta mucho esfuerzo y unas políticas continuadas en ese sentido”.

“XAQUE MATE”

A candidata ao Congreso por Ourense, Marina Ortega, foi a encargada de abrir o acto e chamou a dar un “continuará” ao goberno de Pedro Sánchez para poder seguir facendo políticas a prol da xente. “Daremos un xaque mate á peor dereita”, sentenciou.

Tamén interveu o candidato á alcaldía, Rafael Rodríguez Villarino, quen pediu todo o apoio para o PSOE o vindeiro 28 de abril para despois requirir o mesmo apoio nas vindeiras municipais “para abrir Ourense ao mundo” e construír un modelo de cidade do que “todos esteamos orgullosos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.