Gonzalo Caballero ironiza con que “Feijóo e Casado reúnense para celebrar a derrota histórica do PP en España e en Galicia”

O secretario xeral ve ao PP “fóra de xogo” e “tentando aparentar un retorno ao centro político que non é crible” ao manter o goberno en Andalucía sostido por Vox
Por o 04/05/2019 | Sección: Política,PSOE
Gonzalo Caballero ironiza con que “Feijóo e Casado reúnense para celebrar a derrota histórica do PP en España e en Galicia”
Compartir en:

secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe na presentación da candidatura socialista á alcaldía de Sanxenxo, o mesmo día en que “Feijóo e Casado se reúnen para celebrar a derrota histórica do PP en España e en Galicia” o pasado domingo.

Esa “foto de dous perdedores”, como a calificou o líder dos socialistas galegos, pon en evidencia “un certo postureo político”, na medida en que agora os populares “están tentando aparentar un retorno ao centro político” tras un fracaso nas urnas que os deixou “fóra de xogo”.

“Pero non é crible”, advertiu Gonzalo Caballero en declaracións aos medios, consciente de que “se lles deran as contas” para investir presidente a Pablo Casado cos votos de Vox, estarían “abrazados” á ultradereita. Por iso, tachou de “operación de marketing” ese intento de aparentar “moderación”.

“Se queren dar certa credibilidade nese retorno ao centro, o primeiro que deberían facer é dicirlle ao presidente de Andalucía que foi elixido cuns votos que non debe aceptar”, remarcou o máximo dirixente do PSdeG, convencido de que Feijóo tamén os aceptaría “para manter o control político” de Galicia.

Neste escenario, Gonzalo Caballero comprometeuse a continuar “traballando arreo para seguir sendo o muro de contención fronte á dereita reaccionaria e a ultradereita”, tamén de cara aos comicios municipais e europeos, nos que “está en risco o propio proceso de construción europea”.

“SANXENXO NECESITA UN CAMBIO EN POSITIVO”

Nunha xornada na que tamén estará en Caldas de Reis para arroupar a Juan Manuel Rey na presentación da candidatura coa que aspira a revalidar a alcaldía, Gonzalo Caballero puxo o foco en que “Sanxenxo necesita un cambio en positivo” encabezado por Ainhoa Fervenza.

“Unha muller comprometida, que traballou para que Pedro Sánchez fose secretario xeral e para revitalizar o PSdeG, e que agora está dando o mellor de si para dar futuro a Sanxenxo”, destacou o xefe de filas dos socialistas galegos, quen describiu á candidata como unha persoa “nova, capacitada e con ganas”.

Ademais, en compañía da vicesecretaria xeral do PSdeG, Icía García; a vicevoceira parlamentaria, Patricia Vilán; o senador pontevedrés Daniel Chenlo; e o líder de Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que Sanxenxo “necesita un cambio pola esquerda” porque a dereita neste concello é “sinónimo de fracaso” e de “operacións turbias”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.